domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Un ano máis, celebramos o día do libro no CEIP O Coto. Aínda que dunha maneira diferente, a ilusión foi a mesma de todos os cursos.

Os alumnos adornaron os corredores coas recomendacións dos seus libros preferidos, e este foi o resultado:

























Ademáis, coma sempre, fixéronse os apadriñamentos lectores, e uns grupos leron aos autros de forma virtual. Os nosos pequenos estaban moi agradecidos polo esforzo dos maiores, e así llo demostraron:





Deixámosvos aquí algunha mostra de lectura de alumnado de 6º de Educación Primaria. Esperamos que a desfrutedes!

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, o 24 de febreiro, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, e todo o colexio o facemos lucindo estas chapas tan bonitas. Grazas a todos os equipos do colexio.




jueves, 11 de febrero de 2021

LIBRO NOVO NA BIBLIOTECA

 Lola non pode estar máis contenta!

Temos un libro novo, e todo grazas á mestra Teresa Gil que nolo regalou.

Gazas Teresa!!




viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ NO CEIP O COTO

Como xa sabedes, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e da non Violencia. E no Coto ninguén está a favor da violencia, así que nesta ocasión convertímonos en científicos e científicas para fabricar vacinas do bo trato coas que loitar (pacíficamente) contra as situacións que non nos resultan agradables. 
Velaquí unha pequena mostra do resultado: despois de semanas de traballo, coidamos que o conseguimos. 






miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

Con este vídeo queremos amosarvos a todos o traballo realizado por alumnos e profes do CEIP O Coto, con toda a súa ilusión, para festexar este nadal tan atípico. 

Desexamos que pasedes unhas festas estupendas, e que o ano que entra non traia máis que ledicia. 

Os equipos docentes do CEIP O Coto 

jueves, 17 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións.

Descansade moito, coidádevos, e volvede con forza e ánimo para o próximo trimestre.


 

martes, 1 de diciembre de 2020

CEIP O COTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)

Dende o noso cole, rexeitamos todo tipo de violencia, e unímonos á causa que ocupa este día, este problema que a nosa sociedade (aínda no século XXI) acusa e sofre. Dicimos un NON rotundo á violencia de xénero.



Coma outros cursos, o equipo de Biblioteca propuxo unha selección de recursos didácticos, películas e libros, entre os que destacamos, para a súa lectura en aula, "El chubasquero de Aurora", unha historia moi dura que nos achega á realidade á que se enfrentan a miúdo moitas mulleres e as súas familias.