viernes, 17 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

CALENDARIO SOLIDARIO

Este ano, o noso centro volve aportar o seu graíño de area a unha boa causa. Elaboramos un calendario en beneficio da Asociación Española de Grimpatías, apoiados por varias empresas que colaboraron na súa maquetación, impresión e distribución. 

Para colaborar vos tamén, mercádeo! Podédelo atopar nos comercios de Negreira, non quededes sen el!

lunes, 13 de diciembre de 2021

MES DA CIENCIA EN 4 ANOS B

Os científicos e científicas de 4 anos B estiveron a investigar... e ollade todo o que aprenderon!



lunes, 6 de diciembre de 2021

MES DA CIENCIA EN 3º C

 Os alumnos e alumnas de 3º C fixeron experimentos para investigar sobre a densidade e os diferentes tipos de misturas. Que divertido!!!

miércoles, 1 de diciembre de 2021

jueves, 25 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA NA AULA DE 4º B

 Os alumnos de 4ºB fixeron este experimento tan divertido.

CEIP O COTO CONTRA A VIOLENCIA

Hoxe, día 25 de novembro, festexamos o día contra a violencia de xénero. O claustro do noso cole puxo de manifesto a súa opinión.  



miércoles, 24 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA NA AULA DE 5 ANOS B

Os nenos e nenas de 5 anos B traballaron a reo para facer este bonito experimento. Xenial, grupo!

sábado, 20 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA NA AULA DE 4 ANOS A

 Os nenos e as nenas de 4 anos A estiveron este mes da ciencia investigando sobre os volcáns.

 Fixeron estas actividades reproducindo un volcán na clase.

Mirade que experimentos tan bonitos!



viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN

Olas amiguiñ@s!

Un ano máis celebramos o Samaín no cole. Este ano Lola converteuse nunha científica en procura do seu mellor monstro. 

Estes son os monstros que deseñou no seu laboratorio. Cal vos dá máis medo?

Bo samaín!

sábado, 23 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola, amiguiñ@s!

Comezamos un novo curso facendo unha pequena homenaxe á nosa biblioteca polo Día das Bibliotecas que, como sabedes, é o 24 de outubro. Esperamos que vos guste moito!!!

lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

Boas, amiguiñ@s!

Velaquí a selección de libros e xogos que vos recomenda a nosa querida Lola. 

Pasade unhas boas e ben merecidas vacacións, vémonos á volta!

domingo, 20 de junio de 2021

FINALISTAS DOS 3º PREMIOS DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"

Como moitos sabedes, durante este curso comezamos a practicar coa radio, animados pola convocatoria de varios concursos. Fixemos un primeiro podcast que se enviou a un concurso do que non fomos gañadores, e enviouse outro máis (versión 1B) para partipar no certame que vedes xusto encima. 
Para a nosa sorpresa, resultamos finalistas deste último, recibindo o premio da man do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Por suposto, isto supuxo un gran orgullo para nos. 


Pero o agasallo non foi só para nos. A parte máis importante do traballo, e á que realmente podemos considerar gañadora, foi a do noso alumnado, que co seu talento foi quen de facernos chegar así de lonxe. Esta é a rapazada que fixo posible este logro para o noso cole.


Pola súa entrega, a súa dedicación e o seu entusiasmo, todos recibiron un pequeno agasallo por parte do centro.


No certame agasalláronnos cunha escultura, un diploma e varios lotes de libros, que agradecemos moitísimo... aínda que o máis grande dos premios foi estar aí o primeiro ano que tomamos contacto coa radio, e contando con moi poucos medios. O ano que ven, máis e mellor, que vos vaia soando a tod@s "Lola nas Ondas". Esperamos que este só teña sido o comezo dun longo camiño cheo de ledicias...

Deixámosvos tamén aquí o programa de radio "premiado" para que o poidades escoitar. Esperamos estrear recuncho no cole e no blog, e que cadaquén poida escoitar os podcasts cando queira. Polo de agora, podedes buscarnos en Spotify e Ivoox.


Grazas, vello dos contos... e que viva o Cole do Coto!!!

lunes, 24 de mayo de 2021

Enquisas sobre o funcionamento da biblioteca


 
 

Ola a tod@s! 

Gustaríanos coñecer a vosa opinión de como foi o funcionamento da biblioteca este ano tan especial. 

Facede click na enquisa que vos corresponde para darnos de forma totalmente anónima a vosa opinión.

Grazas por participar.

Enquisa para familias

Enquisa para alumnado

Enquisa para docentes

domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Un ano máis, celebramos o día do libro no CEIP O Coto. Aínda que dunha maneira diferente, a ilusión foi a mesma de todos os cursos.

Os alumnos adornaron os corredores coas recomendacións dos seus libros preferidos, e este foi o resultado:

























Ademáis, coma sempre, fixéronse os apadriñamentos lectores, e uns grupos leron aos autros de forma virtual. Os nosos pequenos estaban moi agradecidos polo esforzo dos maiores, e así llo demostraron:





Deixámosvos aquí algunha mostra de lectura de alumnado de 6º de Educación Primaria. Esperamos que a desfrutedes!

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, o 24 de febreiro, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, e todo o colexio o facemos lucindo estas chapas tan bonitas. Grazas a todos os equipos do colexio.