miércoles, 20 de mayo de 2015

EN BIBLIOCOTO ..... OS PROFES TAMÉN LEN

Ao longo de tres semanas, reunímonos na bilioteca, a hora do recreo, para escoitar e representar lecturas escollidas polos profes. Agradecidos estamos por ver a biblio chea de alumnos e alumnas, algúns actuais e moitos vellos coñecidos,escoitando estas lecturas. Esperamos repetir a experiencia que tan agradable resultou para todos. Grazas, a vos por escoitarnos, e aos profes por participar.

GUIA PARA BUSCAR UN LIBRO

lunes, 4 de mayo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 celebramos o día do libro. Para día tan sinalado os padriños e madriñas  elexiron un dos seus libros favoritos para ler aos seus afillados e afilladas. E ademáis o día acompañou para facer unha actividade chea de encantamento.