lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

Boas, amiguiñ@s!

Velaquí a selección de libros e xogos que vos recomenda a nosa querida Lola. 

Pasade unhas boas e ben merecidas vacacións, vémonos á volta!

domingo, 20 de junio de 2021

FINALISTAS DOS 3º PREMIOS DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"

Como moitos sabedes, durante este curso comezamos a practicar coa radio, animados pola convocatoria de varios concursos. Fixemos un primeiro podcast que se enviou a un concurso do que non fomos gañadores, e enviouse outro máis (versión 1B) para partipar no certame que vedes xusto encima. 
Para a nosa sorpresa, resultamos finalistas deste último, recibindo o premio da man do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Por suposto, isto supuxo un gran orgullo para nos. 


Pero o agasallo non foi só para nos. A parte máis importante do traballo, e á que realmente podemos considerar gañadora, foi a do noso alumnado, que co seu talento foi quen de facernos chegar así de lonxe. Esta é a rapazada que fixo posible este logro para o noso cole.


Pola súa entrega, a súa dedicación e o seu entusiasmo, todos recibiron un pequeno agasallo por parte do centro.


No certame agasalláronnos cunha escultura, un diploma e varios lotes de libros, que agradecemos moitísimo... aínda que o máis grande dos premios foi estar aí o primeiro ano que tomamos contacto coa radio, e contando con moi poucos medios. O ano que ven, máis e mellor, que vos vaia soando a tod@s "Lola nas Ondas". Esperamos que este só teña sido o comezo dun longo camiño cheo de ledicias...

Deixámosvos tamén aquí o programa de radio "premiado" para que o poidades escoitar. Esperamos estrear recuncho no cole e no blog, e que cadaquén poida escoitar os podcasts cando queira. Polo de agora, podedes buscarnos en Spotify e Ivoox.


Grazas, vello dos contos... e que viva o Cole do Coto!!!