lunes, 21 de febrero de 2022

Día de Rosalía de Castro

 

  O 23 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela no ano 1837.

Aquí tedes unha pouca información e de xogos para investigar sobre a vida e a obra desta gran autora. 

Aquí tedes moita información para resolver o xogo da biblioteca. Acércate a biblio e participa!

AMANCIO PRADA

O cantautor Amancio Prada no ano 1975 publica un disco monográfico sobre  poemas de Rosalía de Castro tan recoñecidos coma; Adios ríos, Adios fontes ou Campanas de Bastabales.


CURIOSIDADES:

- Rosalia saíu nos billetes de 500 pesetas.  Bótalle unha ollada aquí

- Ten unha estela co seu nome. Para máis información preme aquí.

- O aeroporto de Santiago leva o seu nome.


XOGOS:

Memori.


Test sobre a vida de Rosalía de Castro.


Pasapalabra.

Encrucillado.

domingo, 13 de febrero de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2022

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio. Este ano, ao acabar de entrar no programa "Radio na Biblio", temos que conmemoralo dun xeito especial. 

En primeiro lugar, debemos saber cómo se inventou a radio, que non foi cousa doada. Velaquí un pequeno video explicativo.


A continuación, deixámosvos un par de enlaces relacionados co día, que podedes visitar.


jueves, 10 de febrero de 2022

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)

Para conmemorar esta data, achegamos información sobre varias mulleres relacionadas coa ciencia. O seu traballo e esforzo resultou decisivo para que o mundo, en moitos aspectos, sexa como o coñecemos hoxe. 

miércoles, 2 de febrero de 2022

FORMACIÓN DE RADIO NO CENTRO

Boas, queridiñ@s!

Como sabedes, este curso o noso centro uniuse ao programa "Radio na Biblio". Para poder comezar con bo pé, fixemos unha formación inicial impartida pola Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas" á que asistiu unha pequena representación de profesorado, e alumnado de 5º de Educación Primaria, que serán os encargados de transmitir os seus coñecementos ao resto d@s compañeir@s. 

Velaquí unha pequena mostra de como foi esta xornada de formación. Máis abaixo, podedes acceder ás primeiras gravacións que fixeron @s nos@s futur@s locutores/as.