Mostrando entradas con la etiqueta radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radio. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de febrero de 2023

DÍA DA RADIO - FORMACIÓN PONTE NAS ONDAS

 Onte, 13 de febreiro, foi o día mundial da radio, e a semana pasada estivemos aprendendo cómo empregala e sacarlle moito partido. Deixámosvos o audio de prácticas e algunhas fotiños da formación de nenos e profes.

domingo, 13 de febrero de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2022

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio. Este ano, ao acabar de entrar no programa "Radio na Biblio", temos que conmemoralo dun xeito especial. 

En primeiro lugar, debemos saber cómo se inventou a radio, que non foi cousa doada. Velaquí un pequeno video explicativo.


A continuación, deixámosvos un par de enlaces relacionados co día, que podedes visitar.


miércoles, 2 de febrero de 2022

FORMACIÓN DE RADIO NO CENTRO

Boas, queridiñ@s!

Como sabedes, este curso o noso centro uniuse ao programa "Radio na Biblio". Para poder comezar con bo pé, fixemos unha formación inicial impartida pola Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas" á que asistiu unha pequena representación de profesorado, e alumnado de 5º de Educación Primaria, que serán os encargados de transmitir os seus coñecementos ao resto d@s compañeir@s. 

Velaquí unha pequena mostra de como foi esta xornada de formación. Máis abaixo, podedes acceder ás primeiras gravacións que fixeron @s nos@s futur@s locutores/as.


miércoles, 1 de diciembre de 2021

domingo, 20 de junio de 2021

FINALISTAS DOS 3º PREMIOS DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"

Como moitos sabedes, durante este curso comezamos a practicar coa radio, animados pola convocatoria de varios concursos. Fixemos un primeiro podcast que se enviou a un concurso do que non fomos gañadores, e enviouse outro máis (versión 1B) para partipar no certame que vedes xusto encima. 
Para a nosa sorpresa, resultamos finalistas deste último, recibindo o premio da man do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Por suposto, isto supuxo un gran orgullo para nos. 


Pero o agasallo non foi só para nos. A parte máis importante do traballo, e á que realmente podemos considerar gañadora, foi a do noso alumnado, que co seu talento foi quen de facernos chegar así de lonxe. Esta é a rapazada que fixo posible este logro para o noso cole.


Pola súa entrega, a súa dedicación e o seu entusiasmo, todos recibiron un pequeno agasallo por parte do centro.


No certame agasalláronnos cunha escultura, un diploma e varios lotes de libros, que agradecemos moitísimo... aínda que o máis grande dos premios foi estar aí o primeiro ano que tomamos contacto coa radio, e contando con moi poucos medios. O ano que ven, máis e mellor, que vos vaia soando a tod@s "Lola nas Ondas". Esperamos que este só teña sido o comezo dun longo camiño cheo de ledicias...

Deixámosvos tamén aquí o programa de radio "premiado" para que o poidades escoitar. Esperamos estrear recuncho no cole e no blog, e que cadaquén poida escoitar os podcasts cando queira. Polo de agora, podedes buscarnos en Spotify e Ivoox.


Grazas, vello dos contos... e que viva o Cole do Coto!!!