miércoles, 23 de noviembre de 2016

25 de NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Por que celebramos este día? - A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humans. - A vioelncia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre tanto en leis, coma na práctica e a persistencia de desigualdades por razón de xénero. A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas incluídas a erradicación da pobreza, a loita conta a SIDA, a paz e a seguridade. - A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial. - A violencia contra as mulleres segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia nas súas vidas. (ONU)
LECTURAS RECOMENDADAS

miércoles, 9 de noviembre de 2016

ACTIVIDADES OUTUBRO. O mes pasado foi un mes cheo de actividade en BIBLIOCOTO. Primeiro celebramos o Día Mundial da Alimentación na que todos e todas colaboramos escribindo consellos para ter unha alimentación saudable. No seguinte enlace podedes atopara máis actividades sobre o tema.http://www.fao.org/world-food-day/2016/theme/es/
E coma xa ven sendo costume, a chegada do Samaín trouxonos tamén, as vosas historias e debuxos de medo, que despois recolleremos nun libro que, de seguro, será todo un éxito.
BENVIDOS AO NOVO CURSO. Dámosvos a benvida a todas e todos a este novo curso. E como é de boa educación facer as presentacións, queremos iniciar a andaina deste curso presentándovos aos compañeiros e compañeiras que nos axudaran a que BIBLIOCOTO funcione. Eles e elas son os nosos axudantes de biblioteca. Grazas a todas e todos por colaborar coa biblioteca.