lunes, 19 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Un ano máis chegou o Día da Paz. Como cos tempos que corren, un día non é nada, deixamos aquí un taboleiro para que disfrutes dalgunhas historias relacionadas co tema. Tamén vos lembramos que este ano acompañaranos Anxo Moure, que virá, coma sempre, cargado de fabulosas historias. Agardamos que vos guste. Sigue el tablero RECURSOS DÍA DA PAZ de Teresa en Pinterest.

jueves, 15 de enero de 2015

OS INVENTOS

Comeza o 2º trimestre e tamén comezamos a poñer en marcha o noso proxecto documental que este ano levaranos a coñecer máis polo miudo os inventos. De seguro que máis dunha vez te preguntaches con que escribían cando non había lapices ou como xurdíu unha lavadora. Para que vaiades facendo boca, e podades resolver todas estas inquedanzas deixamos aquí dous taboleiros, un con libros que podedes atopar en Bibliocoto e outro con outros traballos, vídeos, contos.... sobre os inventos. Sigue el tablero LIBROS SOBRE INVENTOS EN BIBLIOCOTO de Teresa en Pinterest. Sigue el tablero PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADOOS INVENTOS de Teresa en Pinterest.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis, Bibliocoto convocou o concurso de postais. Cada ano poñédesnos máis difícil elexir ao gañador ou gañadora. Grazas a todos e todas por participar.