jueves, 27 de octubre de 2022

A BIBLIOTECA VÍSTESE DE SAMAÍN

Aquí tedes o aspecto da nosa Biblioteca nestas datas... arañas coas súas teas, esqueletos, bruxas... e tamén, coma sempre, unha grande selección de libros e películas dedicados ao Samaín... 

Non teñades medo... entrade...





lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Boas de novo, amiguiños e amiguiñas!

Estamos encantados de comunicarvos que a nosa Biblioteca empeza a abrir as súas portas. Hoxe, con motivo do día das Bibliotecas, xa puideron acudir aqueles que querían despois do comedor... pronto abrirá nos recreos tamén... e veredes como cambiou e as cousiñas novas que hai!

Como esta data é realmente importante para nos, tamén aproveitamos para darlle visibilidade á nosa Biblio, facendo un mural conxunto no que participou todo o alumnado do centro. Velaí o tedes!