miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

Con este vídeo queremos amosarvos a todos o traballo realizado por alumnos e profes do CEIP O Coto, con toda a súa ilusión, para festexar este nadal tan atípico. 

Desexamos que pasedes unhas festas estupendas, e que o ano que entra non traia máis que ledicia. 

Os equipos docentes do CEIP O Coto 

jueves, 17 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións.

Descansade moito, coidádevos, e volvede con forza e ánimo para o próximo trimestre.


 

martes, 1 de diciembre de 2020

CEIP O COTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)

Dende o noso cole, rexeitamos todo tipo de violencia, e unímonos á causa que ocupa este día, este problema que a nosa sociedade (aínda no século XXI) acusa e sofre. Dicimos un NON rotundo á violencia de xénero.



Coma outros cursos, o equipo de Biblioteca propuxo unha selección de recursos didácticos, películas e libros, entre os que destacamos, para a súa lectura en aula, "El chubasquero de Aurora", unha historia moi dura que nos achega á realidade á que se enfrentan a miúdo moitas mulleres e as súas familias.