Como xa sabedes, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e da non Violencia. E no Coto ninguén está a favor da violencia, así que nesta ocasión convertímonos en científicos e científicas para fabricar vacinas do bo trato coas que loitar (pacíficamente) contra as situacións que non nos resultan agradables.
Velaquí unha pequena mostra do resultado: despois de semanas de traballo, coidamos que o conseguimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario