martes, 27 de octubre de 2015

martes, 7 de julio de 2015

viernes, 3 de julio de 2015

FELIZ VERÁN

O curso rematou, pero non queremos marchar de vacacións sen publicar antes os vosos traballos sobre os inventos. Nada como dar unha volta polos corredores, agora xa valeiros, para decatarnos do moito que traballechedes. Esperamos que pasedes unhas felices vacacións e esperamos que voltedes con enerxías renovadas. O equipo de Bibliocoto.

miércoles, 20 de mayo de 2015

EN BIBLIOCOTO ..... OS PROFES TAMÉN LEN

Ao longo de tres semanas, reunímonos na bilioteca, a hora do recreo, para escoitar e representar lecturas escollidas polos profes. Agradecidos estamos por ver a biblio chea de alumnos e alumnas, algúns actuais e moitos vellos coñecidos,escoitando estas lecturas. Esperamos repetir a experiencia que tan agradable resultou para todos. Grazas, a vos por escoitarnos, e aos profes por participar.

GUIA PARA BUSCAR UN LIBRO

lunes, 4 de mayo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 celebramos o día do libro. Para día tan sinalado os padriños e madriñas  elexiron un dos seus libros favoritos para ler aos seus afillados e afilladas. E ademáis o día acompañou para facer unha actividade chea de encantamento.

viernes, 10 de abril de 2015

OS INVENTOS 6º DE EI

Xa chegamos ao 3º trimestre e chega o momento da recollida. Despois de todo o curso traballando sobre os inventos, e de aprender moitas cousas nos libros da biblioteca agora é o momento da exposición dos traballos. 6º de EI deixanos este vídeo como mostra do seu traballo.


MES DO LIBRO

Para celebrar o mes do libro, ademais das distintas actividades organizadas por Bibliocoto, contas con moitas novidades, entre elas as que figuran no seguinte taboleiro. Son libros que falan de libros e de bibliotecas. Esperamos que vos gusten e xa están a vosa disposición para o préstamo. Sigue el tablero LIBROS QUE FALAN DE LIBROS de Teresa en Pinterest.

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN

Para rematar a semana da poesía contamos coa visita xa anunciada de Rosalía. Dende aqui o noso agradecento por compartir o seu valioso tempo e achegarnos un pouco máis a poesía.

lunes, 16 de marzo de 2015

POESÍAS POR CARAMELOS

Un ano máis chega a primavera, e con ela o Día da Poesía. Pouco nos parece adicarlle un so día ao ano, así que ata o vindeiro 27 de marzo podes achegarnos a túa poesía e cambiaremoscha por un caramelo. Lembra que tes na clase as normas para entregar os teus escritos.
Tamén queremos lembrarche que en Bibliocoto podes atopar moitos libros de poesía  como mostra o seguinte tabolerio. Sigue el tablero POESÍA de Teresa en Pinterest.

lunes, 19 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Un ano máis chegou o Día da Paz. Como cos tempos que corren, un día non é nada, deixamos aquí un taboleiro para que disfrutes dalgunhas historias relacionadas co tema. Tamén vos lembramos que este ano acompañaranos Anxo Moure, que virá, coma sempre, cargado de fabulosas historias. Agardamos que vos guste. Sigue el tablero RECURSOS DÍA DA PAZ de Teresa en Pinterest.

jueves, 15 de enero de 2015

OS INVENTOS

Comeza o 2º trimestre e tamén comezamos a poñer en marcha o noso proxecto documental que este ano levaranos a coñecer máis polo miudo os inventos. De seguro que máis dunha vez te preguntaches con que escribían cando non había lapices ou como xurdíu unha lavadora. Para que vaiades facendo boca, e podades resolver todas estas inquedanzas deixamos aquí dous taboleiros, un con libros que podedes atopar en Bibliocoto e outro con outros traballos, vídeos, contos.... sobre os inventos. Sigue el tablero LIBROS SOBRE INVENTOS EN BIBLIOCOTO de Teresa en Pinterest. Sigue el tablero PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADOOS INVENTOS de Teresa en Pinterest.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis, Bibliocoto convocou o concurso de postais. Cada ano poñédesnos máis difícil elexir ao gañador ou gañadora. Grazas a todos e todas por participar.