Hoxe, o 24 de febreiro, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, e todo o colexio o facemos lucindo estas chapas tan bonitas. Grazas a todos os equipos do colexio.
miércoles, 24 de febrero de 2021
jueves, 11 de febrero de 2021
LIBRO NOVO NA BIBLIOTECA
Lola non pode estar máis contenta!
Temos un libro novo, e todo grazas á mestra Teresa Gil que nolo regalou.
Gazas Teresa!!
viernes, 29 de enero de 2021
DÍA DA PAZ NO CEIP O COTO
miércoles, 23 de diciembre de 2020
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO
Con este vídeo queremos amosarvos a todos o traballo realizado por alumnos e profes do CEIP O Coto, con toda a súa ilusión, para festexar este nadal tan atípico.
Desexamos que pasedes unhas festas estupendas, e que o ano que entra non traia máis que ledicia.
Os equipos docentes do CEIP O Coto
jueves, 17 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL
Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións.
martes, 1 de diciembre de 2020
CEIP O COTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)
Dende o noso cole, rexeitamos todo tipo de violencia, e unímonos á causa que ocupa este día, este problema que a nosa sociedade (aínda no século XXI) acusa e sofre. Dicimos un NON rotundo á violencia de xénero.
martes, 3 de noviembre de 2020
NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA
Lola está toda contenta!
Mirade a cantidade de libros novos que hai na biblioteca!
Grazas a ANPA Val do Barcala do noso colexio por darnos todos estes libros.
Grazas tamén a Victor Boullón por donarnos estos dous exemplares do seu libro en formato cómic.
Lola vos espera para que descubrades todos estes libros e algún máis que hai novo e vos reencontredes con vellos amigos.













