Lola non pode estar máis contenta!
Temos un libro novo, e todo grazas á mestra Teresa Gil que nolo regalou.
Gazas Teresa!!
Lola non pode estar máis contenta!
Temos un libro novo, e todo grazas á mestra Teresa Gil que nolo regalou.
Gazas Teresa!!
Con este vídeo queremos amosarvos a todos o traballo realizado por alumnos e profes do CEIP O Coto, con toda a súa ilusión, para festexar este nadal tan atípico.
Desexamos que pasedes unhas festas estupendas, e que o ano que entra non traia máis que ledicia.
Os equipos docentes do CEIP O Coto
Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións.
Dende o noso cole, rexeitamos todo tipo de violencia, e unímonos á causa que ocupa este día, este problema que a nosa sociedade (aínda no século XXI) acusa e sofre. Dicimos un NON rotundo á violencia de xénero.
Lola está toda contenta!
Mirade a cantidade de libros novos que hai na biblioteca!
Grazas a ANPA Val do Barcala do noso colexio por darnos todos estes libros.
Grazas tamén a Victor Boullón por donarnos estos dous exemplares do seu libro en formato cómic.
Lola vos espera para que descubrades todos estes libros e algún máis que hai novo e vos reencontredes con vellos amigos.