miércoles, 13 de diciembre de 2017

TODOS SOMOS ÚNICOS

Non todos temos as mesmas capacidades nin as mesmas limitacións. Uns somos moi bos xogando ao brilé e outros somos mellores debuxando. Non todos sabemos facer de todo e non todas as cousas nos saen ben a primeira. Aceptar isto é respectar as diferenzas. De persoas diferentes e únicas van os libros que vos recomendamos a continuación e que están a vosa disposición en BIBLIOCOTO. Esperamos que vos gusten.

sábado, 18 de noviembre de 2017

SEMANA DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA

Esta entrada leva por título "semana", ainda que os libros que aquí vos recomendamos non son so lectura para esta semana, se non para todo o ano. Libros onde as princesas están fartas do rosa, Cincenta decide buscar un traballo interesante ou comics que nos contan a vida de mulleres que cambiaron o mundo. Esperamos que vos gusten.