miércoles, 13 de diciembre de 2017

TODOS SOMOS ÚNICOS

Non todos temos as mesmas capacidades nin as mesmas limitacións. Uns somos moi bos xogando ao brilé e outros somos mellores debuxando. Non todos sabemos facer de todo e non todas as cousas nos saen ben a primeira. Aceptar isto é respectar as diferenzas. De persoas diferentes e únicas van os libros que vos recomendamos a continuación e que están a vosa disposición en BIBLIOCOTO. Esperamos que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario