viernes, 27 de marzo de 2020

MÁIS LECTURAS

Ola de novo a todos e todas. Como non podedes achegarvos a biblioteca a biblioteca segue traballando para levarvos lecturas as vosas casas que vos fagan máis levadeiros estes días. Hoxe traémosvos máis lecturas para ler nos vosos dispositivos. Estas lecturas son gratuitas, xa que moitas editoriais dan acceseo libre aos seus libros electrónicos durante estes días. Vaia dende aquí o noso agradecemento as editoriais Baía, Xerais, Anaya, Bruño e Santillana que nos fixeron chegar os enlaces deinteresadamente. So nos queda animarvos a pinchar nos enlaces e aproveitar para seguir vivindo aventuras pero esta vez en dixital. Nas seguintes entradas quedan os enlaces a vosa disposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario