jueves, 3 de marzo de 2022
8 Marzo. Día Internacional da Muller
lunes, 21 de febrero de 2022
Día de Rosalía de Castro
O 23 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela no ano 1837.
Aquí tedes unha pouca información e de xogos para investigar sobre a vida e a obra desta gran autora.
Aquí tedes moita información para resolver o xogo da biblioteca. Acércate a biblio e participa!
AMANCIO PRADA
O cantautor Amancio Prada no ano 1975 publica un disco monográfico sobre poemas de Rosalía de Castro tan recoñecidos coma; Adios ríos, Adios fontes ou Campanas de Bastabales.
CURIOSIDADES:
- Rosalia saíu nos billetes de 500 pesetas. Bótalle unha ollada aquí
- Ten unha estela co seu nome. Para máis información preme aquí.
- O aeroporto de Santiago leva o seu nome.
XOGOS:
Memori.
Test sobre a vida de Rosalía de Castro.
Pasapalabra.
Encrucillado.
domingo, 13 de febrero de 2022
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2022
Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio. Este ano, ao acabar de entrar no programa "Radio na Biblio", temos que conmemoralo dun xeito especial.
En primeiro lugar, debemos saber cómo se inventou a radio, que non foi cousa doada. Velaquí un pequeno video explicativo.
jueves, 10 de febrero de 2022
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)
Para conmemorar esta data, achegamos información sobre varias mulleres relacionadas coa ciencia. O seu traballo e esforzo resultou decisivo para que o mundo, en moitos aspectos, sexa como o coñecemos hoxe.
miércoles, 2 de febrero de 2022
FORMACIÓN DE RADIO NO CENTRO
Boas, queridiñ@s!
Como sabedes, este curso o noso centro uniuse ao programa "Radio na Biblio". Para poder comezar con bo pé, fixemos unha formación inicial impartida pola Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas" á que asistiu unha pequena representación de profesorado, e alumnado de 5º de Educación Primaria, que serán os encargados de transmitir os seus coñecementos ao resto d@s compañeir@s.
Velaquí unha pequena mostra de como foi esta xornada de formación. Máis abaixo, podedes acceder ás primeiras gravacións que fixeron @s nos@s futur@s locutores/as.
viernes, 17 de diciembre de 2021
CALENDARIO SOLIDARIO
Este ano, o noso centro volve aportar o seu graíño de area a unha boa causa. Elaboramos un calendario en beneficio da Asociación Española de Grimpatías, apoiados por varias empresas que colaboraron na súa maquetación, impresión e distribución.
Para colaborar vos tamén, mercádeo! Podédelo atopar nos comercios de Negreira, non quededes sen el!