jueves, 4 de abril de 2019
DÍA DO AUTISMO
Queremos compartir con vos este vídeo que, estamos seguros, nos axudará a entender mellor o autismo.
https://youtu.be/wex4aLnDZVw
DÍA DAS ARTES GALEGAS
O 1 de abril celebrase o Día das Artes Galegas. Este ano está adicado a Luis Seoane. Esperamos que pronto poidamos ver as vosas creacións sobre cadros deste autor. Para amenizarvos a espera deixamosvos un taboleiro onde podedes aprender máis cousas sobre este amante das artes.
https://pin.it/qu3tzqfztmjyjy
ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE
Ola a todas e todos de novo. Levamos moito tempo sen publicar pero non nos esquecemos de vos. Aquí vos deixamos un resumo das actividades do primeiro trimestre, que foi moi proveitoso , sobre todo, polo novo habitante que temos en Bibliocoto: "A xoaniña lectora". Esperamos que vos gusten.
lunes, 2 de julio de 2018
CONSTRUCIÓNS SINGULARES DE NEGREIRA
O alumnado de 5ºA ven de remitirnos o seu traballo sobre Negreira. Quedou espectacular e convídanos a coñecer máis sobre a historia que se agocha tras os muros. Parabéns a todas e todos por este magnífico traballo.
lunes, 28 de mayo de 2018
NEGREIRA ON THE WAY
O profesorado de Inglés ven de presentar o seu traballo sobre Negreira e o Camiño de Santiago. So me que queda facer un comentario: GOOD JOB.
MINIATLAS XEOBOTÁNICO DE NEGREIRA
O alumnado de 5ºA ven de achegarnos o seu particular estudo das plantas de Negreira. Gran traballo para aprender un pouco máis sobre as plantas que nos rodean.
LECTURAS FAVORITAS
O alumnado de 3ºB fíxonos chegar as súas lecturas favoritas para que as compartamos con todos. Grazas por compartilas con nos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)