viernes, 25 de mayo de 2018

Traballos de 4º de EI e 1º de Primaria

O alumnado de EI móstranos canto aprenderon da visita dos avós e avoas. Pola súa banda o alumnado de 1º fixo unha excursión para coñecer lugares fermosos do noso concello.

NEGREIRA MEDIEVAL

O alumnado de 6º de EI mostranos o seu traballo sobre Negreira na Idade Media.

COÑECENDO NEGREIRA CON VALENTÍN RIN RIN

O alumnado de 5º de EI fixo un divertido xogo de pistas pola vila.

A INDUSTRIA NA NOSA COMARCA

O alumnado de 4º de primaria realizou un interesante traballo sobre Feiraco.

E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?

O alumnado de 1º fixo un vídeo sobre este bonito conto de Mª Victoria Moreno. Agardamos que vos guste.

lunes, 14 de mayo de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

O vindeiro día 17 celebraremos o Día da Letras Galegas. Dende Bibliocoto queremos recomendarche a lectura de algunha das obras da autora deste ano. Agardamos que che gusten.

miércoles, 7 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER

Queremos achegar este taboleiro cos novos libros sobre mulleres, grandes e pequenas, que podes atopar na biblioteca. Esperamos que che gusten e disfrutes coñecendoas.