miércoles, 20 de mayo de 2015

EN BIBLIOCOTO ..... OS PROFES TAMÉN LEN

Ao longo de tres semanas, reunímonos na bilioteca, a hora do recreo, para escoitar e representar lecturas escollidas polos profes. Agradecidos estamos por ver a biblio chea de alumnos e alumnas, algúns actuais e moitos vellos coñecidos,escoitando estas lecturas. Esperamos repetir a experiencia que tan agradable resultou para todos. Grazas, a vos por escoitarnos, e aos profes por participar.

GUIA PARA BUSCAR UN LIBRO

lunes, 4 de mayo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 celebramos o día do libro. Para día tan sinalado os padriños e madriñas  elexiron un dos seus libros favoritos para ler aos seus afillados e afilladas. E ademáis o día acompañou para facer unha actividade chea de encantamento.

viernes, 10 de abril de 2015

OS INVENTOS 6º DE EI

Xa chegamos ao 3º trimestre e chega o momento da recollida. Despois de todo o curso traballando sobre os inventos, e de aprender moitas cousas nos libros da biblioteca agora é o momento da exposición dos traballos. 6º de EI deixanos este vídeo como mostra do seu traballo.


MES DO LIBRO

Para celebrar o mes do libro, ademais das distintas actividades organizadas por Bibliocoto, contas con moitas novidades, entre elas as que figuran no seguinte taboleiro. Son libros que falan de libros e de bibliotecas. Esperamos que vos gusten e xa están a vosa disposición para o préstamo. Sigue el tablero LIBROS QUE FALAN DE LIBROS de Teresa en Pinterest.

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN

Para rematar a semana da poesía contamos coa visita xa anunciada de Rosalía. Dende aqui o noso agradecento por compartir o seu valioso tempo e achegarnos un pouco máis a poesía.