miércoles, 17 de diciembre de 2014
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
Deixamos aquí unha mostra para que non esquezades incluir un libriño nas vosas cartas de desexos para este nadal. Esperamos que vos gusten.
Sigue el tablero RECOMENDACIÓNS NADAL ATA 6 ANOS de Teresa en Pinterest.
Sigue el tablero RECOMENDACIÓNS DE NADAL MÁIS DE 6 ANOS de Teresa en Pinterest.
Sigue el tablero RECOMENDACIÓNS NADAL MÁIS DE 8 ANOS de Teresa en Pinterest.
Sigue el tablero RECOMENDACIÓNS NADAL MÁIS DE 10 ANOS de Teresa en Pinterest.
jueves, 4 de diciembre de 2014
HISTORIAS E DEBUXOS MONSTRUOSOS
Resultou moi difícil tomar unha decisión para escoller os debuxos e historias que pasarían a formar parte do libro, xa que todos eran merecedores pero, a fin, aquí están. O equipo de Biblioteca, ENDL e extraescolares agradécevos a vosa participación e espera seguir contando cos vosos traballos e co voso entusiamo en vindeiras actividades. Grazas a todos e todas por participar.
CAMPAÑA ELECTORAL
Desta volta, son os alumnos e alumnas de 6ºA, os que nos deixan os seus argumentos a favor do si e do non. A falta dun día para a decisión final a campaña electoral chega ao seu fin.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
CAMPAÑA ELECTORAL NO CEIP O COTO
Dende a biblioteca seguimos con moito interese a campaña electoral. Carteis a favor e en contra , en varios idiomas, colgan dos taboleiros do noso centro. Aquí deixamos un taboleiro con algúns deles. O resultado despois das votacións o venres 5.
Sigue el tablero ELECCIÓNS NO CEIP O COTO de Teresa en Pinterest.
ELECCIÓNS NO CEIP O COTO. Estás de acordo con que un día a semana non se permitan os xogos con balón no recreo?
Esta será a pregunta a que teredes que dar resposta o vindeiro 5 de decembro, día no que celebraremos o día da Constitución.
As urnas estarán instaladas no centro o vindeiro día 5, para que expresedes a vosa opinión sobre este tema.
Seguiremos atentos a campaña edaremos conta dos distintos carteis que xa rolan polo centro. E como non, farémonos eco dos resultados das eleccións.Non esquezas comprobar que estas inscrito no censo electoral para poder botar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)