Prezada familia do Coto,
aquí tedes o resultado do traballo conxunto das familias e o colexio... Unha fermosa vila de Nadal que moitos visitaron.
Grazas pola vosa colaboración, non podería ser posible sen o voso apoio!
Prezada familia do Coto,
aquí tedes o resultado do traballo conxunto das familias e o colexio... Unha fermosa vila de Nadal que moitos visitaron.
Grazas pola vosa colaboración, non podería ser posible sen o voso apoio!
Boas, amiguiños e amiguiñas!
Dentro do centro, aparte de estar decorado coa temática do cine, hai outras actividades que buscan relacionarse coa mesma temática. Así, a nosa fantástica auxiliar de conversa, Allie, quixo poñer o seu grao de area e tamén colaborar con nos, elaborando actividades en Inglés relacionadas co cine.
Aquí podedes ver as fotos de partes das sesións.
Moitas grazas, Allie!
Aquí tedes o aspecto da nosa Biblioteca nestas datas... arañas coas súas teas, esqueletos, bruxas... e tamén, coma sempre, unha grande selección de libros e películas dedicados ao Samaín...
Non teñades medo... entrade...
Boas de novo, amiguiños e amiguiñas!
Estamos encantados de comunicarvos que a nosa Biblioteca empeza a abrir as súas portas. Hoxe, con motivo do día das Bibliotecas, xa puideron acudir aqueles que querían despois do comedor... pronto abrirá nos recreos tamén... e veredes como cambiou e as cousiñas novas que hai!
Como esta data é realmente importante para nos, tamén aproveitamos para darlle visibilidade á nosa Biblio, facendo un mural conxunto no que participou todo o alumnado do centro. Velaí o tedes!
En todos os centros existen momentos, historias, lembranzas... Unha das máis bonitas que nos podemos quedar deste noso Coto, alá donde vaiamos, é a da ilusión coa que dende hai uns poucos anos festexamos o día do libro entre compañeir@s.
Grazas a todo o que participa e o fai con agarimo.
Un ano máis, queridiñ@s, FELIZ DÍA DO LIBRO!
O 23 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela no ano 1837.
Aquí tedes unha pouca información e de xogos para investigar sobre a vida e a obra desta gran autora.
Aquí tedes moita información para resolver o xogo da biblioteca. Acércate a biblio e participa!
AMANCIO PRADA
O cantautor Amancio Prada no ano 1975 publica un disco monográfico sobre poemas de Rosalía de Castro tan recoñecidos coma; Adios ríos, Adios fontes ou Campanas de Bastabales.
CURIOSIDADES:
- Rosalia saíu nos billetes de 500 pesetas. Bótalle unha ollada aquí
- Ten unha estela co seu nome. Para máis información preme aquí.
- O aeroporto de Santiago leva o seu nome.
XOGOS:
Memori.
Test sobre a vida de Rosalía de Castro.
Pasapalabra.
Encrucillado.
Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio. Este ano, ao acabar de entrar no programa "Radio na Biblio", temos que conmemoralo dun xeito especial.
En primeiro lugar, debemos saber cómo se inventou a radio, que non foi cousa doada. Velaquí un pequeno video explicativo.
Para conmemorar esta data, achegamos información sobre varias mulleres relacionadas coa ciencia. O seu traballo e esforzo resultou decisivo para que o mundo, en moitos aspectos, sexa como o coñecemos hoxe.
Boas, queridiñ@s!
Como sabedes, este curso o noso centro uniuse ao programa "Radio na Biblio". Para poder comezar con bo pé, fixemos unha formación inicial impartida pola Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas" á que asistiu unha pequena representación de profesorado, e alumnado de 5º de Educación Primaria, que serán os encargados de transmitir os seus coñecementos ao resto d@s compañeir@s.
Velaquí unha pequena mostra de como foi esta xornada de formación. Máis abaixo, podedes acceder ás primeiras gravacións que fixeron @s nos@s futur@s locutores/as.