Páginas

GRAN TRABALLO " A VOLTAS POR GALICIA"

Vimos de recibir a boa nova de que o proxecto realizado polas alumnas e alumnos de 2º do curso 18/19 e que Bibliocoto presentou ao Concurso de Traballos por Proxectos foi seleccionado coma un dos proxectos gañadores. Parabéns ao alumnado, as mestras titoras e as familias colaboradoras. Non é porque fose o noso proxecto pero quedou que da gloria velo. Para os que aínda non o coñezades poñemos de novo o enlace e animámosvos a velo tamén en papel na biblioteca.

miércoles, 30 de octubre de 2019

DESPLASTÍFICATE

Este curso empezamos un novo proxecto que esperamos nos leve a rematar con un planeta mellor que do que atopamos.

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado día 24 celebramos o Día da Biblioteca. Este día é moi especial para nós pois coincide co día do aniversario da Xoaniña Lola. Lola convidounos a chocolate e nos fixémoslle unhas tarxetas para felicitarlle o día. Este é o resultado.

lunes, 15 de julio de 2019

REVISTA EITOS.

O EDL acaba de publicar un curso máis a revista EITOS. Neste enlace podedes botarlle unha ollada . Quedou fantástica. https://es.calameo.com/read/00596733584e7514e6f03

GALICIA. OS LIMNOLOGOS

O alumnado de 6º A ven de presentarnos os seus traballos sobre a fauna de Galicia. Gran traballo e parabens a todos e todas.

jueves, 23 de mayo de 2019

YAYOI KUSAMA

O alumnado de 5º de EI ven de inaugurar a exposición do seu proxecto sobre Yayoi Kusama. No vídeo anterior mostráronnos a recreación dunha "Habitación Infinita" da famosa creadora xaponesa. Parabens por este gran proxecto.

jueves, 4 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO

Queremos compartir con vos este vídeo que, estamos seguros, nos axudará a entender mellor o autismo. https://youtu.be/wex4aLnDZVw

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O 1 de abril celebrase o Día das Artes Galegas. Este ano está adicado a Luis Seoane. Esperamos que pronto poidamos ver as vosas creacións sobre cadros deste autor. Para amenizarvos a espera deixamosvos un taboleiro onde podedes aprender máis cousas sobre este amante das artes. https://pin.it/qu3tzqfztmjyjy

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

Ola a todas e todos de novo. Levamos moito tempo sen publicar pero non nos esquecemos de vos. Aquí vos deixamos un resumo das actividades do primeiro trimestre, que foi moi proveitoso , sobre todo, polo novo habitante que temos en Bibliocoto: "A xoaniña lectora". Esperamos que vos gusten.